Librería Samer Atenea
Librería Aciertas (Toledo)
Kálamo Books
Librería Perelló (Valencia)
Librería Elías (Asturias)
Donde los libros
Librería Kolima (Madrid)
Librería Proteo (Málaga)
O Fausto, de J.W. Goethe é unha das obras cimeiras da literatura universalde todos os tempos. Considerada por moitos críticos comounha representación simbólica da natureza do home occidental na súaincesante actividade e incansábel sede de experiencia, Fausto é unhapeza na que se combinan maxistralmente os grandes temas que, desdesempre, preocuparon e preocupan o ser humano de todas as latitudese de todos os credos: o amor, a morte, a paixón e o mito da eternaxuventude.Edicións Laiovento congratúlase de ofrecerlles aos lectores galegosesta singular obra dramática, na elaboración da cal o autor empregouarredor de 60 anos, agora traducida ao noso idioma, nun demoradoproceso que abrangue desde os anos 20, do século XX, ata, practicamente,a década dos 90, por un home da traxectoria intelectual, ética ehumana de Lois Tobío Fernández.