Librería Samer Atenea
Librería Aciertas (Toledo)
Kálamo Books
Librería Perelló (Valencia)
Librería Elías (Asturias)
Donde los libros
Librería Kolima (Madrid)
Librería Proteo (Málaga)
Hai moitos libros sobre Celanova. Moitos autores de fama xa clásicos, como Manuel Curros Enríquez ou Celso Emilio Ferreiro, e tamén moitas firmas actuais. Hai publicados textos sobre a historia da vila, sobre os seus atractivos turísticos. Hai poesía de autores nados nesta terra ou vencellados con ela. Hai literatura, fotografías, ensaios..., pero non hai ningunha crónica política e social das características deste traballo. Corenta anos é unha cifra de peso suficiente como para repasar o acontecido nun concello como o de Celanova ao longo de dez mandatos municipais (1979-2015) polos que pasaron media ducia de alcaldes e un cento de concelleiros electos despois de moitos anos de ditadura sen poder elixir aos concelleiros e estes aos alcaldes polo sufraxio universal (1936-1975). 10